Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello fomenta a importancia de cortar co sexismo tamén no Entroido

O Concello fomenta a importancia de cortar co sexismo tamén no Entroido

Tras un acordo no Foro de Igualdade, a entidade local puxo en marcha a campaña Desenmascara o machismo

A iniciativa céntrase na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os  disfraces infantís

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Igualdade,
    • Linguaxe sexista
Xoves, 23 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello fomenta a importancia de cortar co sexismo tamén no Entroido

O Concello de Lugo, tras un acordo do Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade, fomenta a importancia de cortar co sexismo no entroido, coa campaña de sensibilización Desenmasca o machismo, que tamén conta cunha vertente infantil. O obxectivo, tal e como explicou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, é concienciar aos máis cativos, aos pais e nais e á cidadanía, para vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas.

A iniciativa céntrase na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís: descartar aqueles que supoñan unha hipersexualización, por exemplo aqueles que existen en dúas versións, temáticos para o neno e sexy para a nena, que os disfraces podan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxianción e que favorezan a cretividade, entre outros. 

Audio

  • Ana Abelleira, sobre a campaña de sensibilización Desenmasca o machismo |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-fomenta-importancia-de-cortar-co-sexismo-tamen-no-entroido

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/230217_abelleira-entroido.mp3