Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello executou obras de mellora no cemiterio municipal de San Froilán por valor de máis de 126.000 euros

O Concello executou obras de mellora no cemiterio municipal de San Froilán por valor de máis de 126.000 euros

As tarefas permitiron reparar a cuberta de tres módulos de nichos, rehabilitar cunetas, canos e salva-pasos, así como rexenerar o firme asfáltico de viais interiores do cemiterio

  • Tema
    • Servizos xerais,
    • Cemiterio
Sábado, 29 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo executou obras de mellora no cemiterio municipal de San Froilán por valor de máis de 126.000 euros. Así o deu a coñecer a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, quen subliñou que se procedeu á reparación de raxaduras e deterioro existentes nos tellados de dous módulos de nichos da sección nº27 e dun módulo da sección número 31, cun orzamento de preto de 48.400 euros.

Ademais, levouse a cabo a rehabilitación de cunetas, canos e salva-pasos nos viais interiores, por valor de 19.000 euros, e procedeuse á rexeneración de firme asfáltico de viais interiores do cemiterio, unhas tarefas que contaron cun importe de 58.700 euros.

“O que estamos facendo con estas obras é mellorar a estética dun dos lugares máis importantes dentro do municipio, ao que acode moita xente diariamente, dignificando e mellorando así a imaxe destas instalacións”, subliñou Rielo, quen anunciou que está prevista a compra de maquinaira para modernizar e facilitar o sistema de traballo dos sepultureiros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-executou-obras-de-mellora-no-cemiterio-municipal-de-san-froilan-por-valor-de-mais