O concello encarga a EVISLUSA o proxecto para rehabilitar o centro social do Castiñeiro e licita a obra dunha solución definitiva para o leiraparking do HULA
Tamén se concedeu unha licenza para construír 16 vivendas na contorna da praza do Agro do Rolo, se avanza na creación do Consello dos maiores así como a aprobación da plantilla que inclúe os postosdos músicos da banda e a Escola Municipal de Música
- Tema
- Infraestruturas

No ámbito urbanístico, a Xunta de Goberno Local concedeu licenza para a construción dun edificio de 16 vivendas nunha parcela con fronte ás rúas Eloi Maquieira Arquitecto e Anselmo Sampedro Ania (zona Praza Agro do Rolo).
O proxecto, cun investimento de 1.3 M€, contempla tamén 16 prazas de garaxe, 16 rochos e un local comercial, cun prazo de execución previsto de 36 meses. A actuación supón uns ingresos municipais por taxas e impostos de 52.252,05 euros.
A sesión aprobou tamén o pagamento de 5.854,81 eurospolas expropiacións necesarias para executar o Plan Parcial do sector SUD S-16.R. Este ámbito (aprobado en pleno o pasado 4 de novembro de 2024) contempla un sistema xeral de espazos libres de 9.774 metros cadrados. As cantidades correspondentes ás expropiacións foron previamente consignadas pola Xunta de Compensación.
Investimento no Castiñeiro: recuperar Centro social
Outro dos acordos da Xunta de Goberno local foi o encargo á empresa municipal EVISLUSA da redacción do proxecto técnico e da dirección facultativa para facer as obras de conservación, restauración e rehabilitación do edificio municipal situado na Praza do Castiñeiro, na confluencia das rúas Lamas de Prado e Juana la Loca. Este local está infrautilizado, con humidades e os dispositivos informáticos que hai están deteriorados.
O encargo para recuperar este espazo como centro de convivencia e para desenvolver actividades municipais ascende a 11.270 euros e establece un prazo dun mes para a elaboración do proxecto co obxecto de mellorar as condicións de accesibilidade e conservación desta infraestrutura.
Asemesmo se adxudicou a obra do pavimento do leiraparking do HULA por un orzamento de 272.000 euros. A proposta é acometer unha intervención no firme utilizando unha solución que reduza as necesidades de mantemento.Avances para constituir o Consello Sectorial de Persoas Maiores, un novo espazo para a participaciónA Xunta de Goberno Local avanza na constitución do Consello Sectorial de Persoas Maiores coa designación dos vogais que o integrarán. Este órgano de participación e consulta permitirá canalizar iniciativas e propostas relacionadas co benestar, a atención e a participación social deste colectivo.
O equipo de goberno considera que Lugo debe ser unha cidade na que as persoas maiores poidan seguir facendo vida, participando e achegando á sociedade. “Temos moito que agradecer a unha xeración que tanto fixo e que tanto nos segue aportando. Todo o que hoxe é Lugo leva tamén o seu esforzo. Queremos que teñan espazos para expresar as súas necesidades, compartir a súa experiencia e participar nas decisións que afectan á cidade”.
Outros acordosA Xunta de Goberno Local acordou tamén a adhesión do Concello á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, unha iniciativa de colaboración entre administracións para promover o uso do galego, compartir recursos e coordinar actividades. A adhesión non supón novos compromisos de gasto e deberá ser ratificada polo Pleno municipal.
Persoal
A Xunta de Goberno local tamén aprobou hoxe a plantilla do Concello para continuar coa consolidación do proxecto para a Escola de Música e a Banda Municipal. Ao incluir os postos na plantilla xa se pode iniciar o proceso para a súa súa cobertura. Este acordo irá a pleno. Para este equipo de goberno este era un tema estratéxio que permite que este curso se recupere tanto a Escola de Música como a Banda Municipal,dotando ambos servizos dunha estrutura de persoal adaptada á súa función. Recordar que se trata da creación de 16 prazas de músico/a instrumentista-docente do subgrupo C1, ás que poderá acceder o persoal actualmente encadrado no C2 mediante concurso-oposición.
No ámbito da organización municipal, aprobouse unha adscrición provisional dun posto de traballo por un período dun ano, prorrogable, dentro da estrutura dos servizos municipais.
