Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello enaltece a diversidade cultural e lingüística no Día Europeo das Linguas

O Concello enaltece a diversidade cultural e lingüística no Día Europeo das Linguas

A Alcaldesa achegouse este luns ata a Praza Maior, onde a entidade local puxo en marcha distintas actividades gratuítas dirixidas especialmente aos máis cativos para conmemorar este día

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infancia,
    • Ensino de linguas
Luns, 26 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello enaltece a diversidade cultural e lingüística no Día Europeo das Linguas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns na Praza Maior nas actividades organizadas polo Concello de Lugo para celebrar o Día Europeo das Linguas, baixo o nome de Interrail: un viaje por las lenguas europeas. A entidade local súmase un ano máis a conmemoración deste día con actividades gratuítas para concienciar aos lucenses, e especialmente aos máis cativos, sobre os conceptos da Unión Europea e a súa diversidade cultural e lingüística. Do mesmo xeito, esta xornada, na que se instalou unha mesa informativa, pretende sensibilizar sobre a importancia de aprender idiomas.

Ao longo da mañá tamén tiveron lugar diversas actividades dirixidas aos colexios na Praza de Abastos, ata onde se achegou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-enaltece-diversidade-cultural-e-linguistica-no-dia-europeo-das-linguas