Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O concello emitiu 1.369 certificados de empadronamento dende o 14 de abril

O concello emitiu 1.369 certificados de empadronamento dende o 14 de abril

Cristina López: “houbo unha resposta máis que satisfactoria ao alto número de solicitudes”

A edil de Participación agradeceu o esforzo do persoal municipal

  • Tema
    • Alcaldía,
    • COVID-19,
    • Servizos xerais,
    • Participación
Martes, 19 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello emitiu 1.369 certificados de empadronamento dende o 14 de abril

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza informou que, desde o 14 de abril, o Concello de Lugo emitiu 1.369 certificados de empadronamento. Cristina López afirmou que “houbo unha resposta máis que satisfactoria ao alto número de solicitudes presentadas” e agradeceu “o esforzo e implicación do persoal do departamento”.

“A posta en marcha do Plan Reanima incrementou considerablemente o número de solicitudes de certificados”, afirmou Cristina López, que explicou “os certificados fóronse expedindo a medida que  foron entrando as solicitudes, e entregáronse en función da capacidade do departamento”. Cristina López lembrou que “se puxo en marcha un procedemento especial para atender telematicamente as solicitudes e evitar tanto desprazamentos de veciños e veciñas como acumulación de persoas nas dependencias municipais”.

Cristina López afirmou que nos vindeiros días se continuarán a entregar os certificados que aínda están pendentes das máis de dúas mil solicitudes recibidas nas últimas semanas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-emitiu-1369-certificados-de-empadronamento-dende-o-14-de-abril