Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello e a USC recuperan documentación inédita do Cemiterio Municipal

O Concello e a USC recuperan documentación inédita do Cemiterio Municipal

Rubén Arroxo e o Decano da Facultade de Humanidades, Gonzalo Francisco Fernández, e Cristina López, asinaron esta mañá o convenio de colaboración

Cristina López: “esta acción permitirá recuperar documentación xerada entre os anos 40 e 80 do século pasado, coincidente coa posta en marcha do Cemiterio Municipal de San Froilán”

Estudantes de Humanidades realizarán prácticas de tratamento arquivístico, realizando a limpeza, clasificación, ordenación e dixitalización da documentación

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Bibliotecas e arquivos,
    • Xestión cultural,
    • Cemiterio
Xoves, 10 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello e a USC recuperan documentación inédita do Cemiterio Municipal

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López recibiron esta mañá ao Decano da Facultade de Humanidades da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, con quen o Goberno de Lugo asinou un convenio de colaboración para recuperar documentación inédita do Cemiterio Municipal. A concelleira responsábel do Cemiterio, Cristina López, explicou que “esta colaboración  permitiranos recuperar e poñer en valor nova documentación antiga, atopada recentemente nas instalacións do Cemiterio Municipal, mentres que as e os estudantes de Humanidades terán unha grande oportunidade para realizar prácticas de tratamento arquivístico con documentación real”, explicou Cristina López.

A documentación procede dunha serie de caixas atopadas na sacristía da Capela do Cemiterio, e na revisión preliminar da mesma atopáronse  licenzas ou autorizacións de enterramentos, traslados de restos e permisos de obras. “As e os estudantes da USC poderán realizar todo o proceso de tratamento arquivístico desta documentación, pasando pola limpeza e a clasificación, ata a catalogación e dixitalización da mesma”, declarou a concelleira de Participación.

Con esta acción o Goberno de Lugo recuperará documentación xerada entre os anos 40 e 80 do século pasado. Cristina López destacou a importancia desta colaboración, “dado que son documentos únicos que polas datas coinciden coa posta en marcha do actual Cemiterio Municipal de San Froilán”. A concelleira de Participación agradeceu ao Decano de Humanidades da USC “a boa disposición para levar adiante este proxecto”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a colaboración coa USC | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-e-usc-recuperan-documentacion-inedita-do-cemiterio-municipal

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220310_cristina_lopez_colaboracion_usc.mp3