Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello e Tanxurela tínguense este luns de amarelo para sensibilizar sobre a endometriose no Día Mundial da doenza

O Concello e Tanxurela tínguense este luns de amarelo para sensibilizar sobre a endometriose no Día Mundial da doenza

  • Tema
    • Igualdade,
    • Sanidade
Domingo, 13 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O edificio do Concello, na Praza Maior, e a pasarela Tanxulera lucirán, na noite do luns ao martes, de cor amarela, a identificativa da propia patoloxía, para visibilizar a endometriose.

Unha enfermidade que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil, ao redor de 60.000 galegas, e sobre a que se pretende sensibilizar, coincidindo coa celebración do seuDía Mundial, o 14 de marzo.

Con este xesto, a Institución local pretende apoiar o traballo desenvolvido pola Asociación “QuerENDO. Mulleres con endometriose” impulsora da iniciativa, co obxectivo de concienciar á poboación sobre esta doenza.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-e-tanxurela-tinguense-este-luns-de-amarelo-para-sensibilizar-sobre-endometriose-no