Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello e o Campus Terra programan tres días de actividades para dar a benvida ao novo alumnado a Lugo

O Concello e o Campus Terra programan tres días de actividades para dar a benvida ao novo alumnado a Lugo

Organizan máis dunha vintena de actividades que, baixo o nome ‘aterranocampusterra’, desenvolveranse os días 13,14 e 15 de setembro.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Xuventude
Martes, 07 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello e o Campus Terra programan tres días de actividades para dar a benvida ao novo alumnado a Lugo

O concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto asistiu esta mañá a presentación das actividades que, baixo o nome ‘aterranocampusterra’, desenvolverán conxuntamente o Concello de Lugo e o Campus Terra da USC para darlle a benvida ao novo alumnado, acto no que tamén estivo presente a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel.

“O Concello considera clave esta colaboración co Campus Terra no deseño dun completo programa, pensado para dar a benvida aos novos estudantes que se incorporan á institución educativa este curso. Unha vintena actividades compoñen a axenda, que inclúen diferentes visitas guiadas, concertos, xornadas de baile, obras de teatro, entre outras iniciativas”, avanzou Mauricio Repetto.

A maiores, a Biblioteca Intercentros de Lugo e a Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado, estarán operativos para que os novos estudantes poderán coñecer toda a oferta de formación complementaria que lles ofrece a universidade.

Para asistir ás actividades será obrigatorio o uso da máscara, excepto nos concertos mantel, nos que estará permitido sacala no momento en que se estea comendo ou bebendo. Deben manterse todas as medidas sinaladas pola organización, e respectar as distancias na entrada e na saída de cada unha das actividades.

As inscripcions para os 5 concertos e a representación teatral, faránse a través do correo: cultura.lugo@usc.gal [1], indicando, nome, apelidos e teléfono de cada un dos asistentes, actividade á que desexa asistir, data e horario da actividade. Para as restantes actividades a inscrición deberá realizarse a través da aplicación:

  • Visitas guiadas á Domus do Mitreo: https://forms.office.com/r/63aestkkcb [2]
  • Visitas guiadas con Guido Guía: https://forms.office.com/r/whgaejvsj9 [3]
  • Bailando cos corpos: Colectivo Glovo: https://forms.office.com/r/uphxuwkcgq [4]
  • Biblioteca: https://forms.office.com/r/eyhqhbthgk [5]
  • Voluntariado: https://forms.office.com/r/ahjhs1dn4e [6]
  • Servizo de normalización lingüística: https://forms.office.com/r/ytflbnik6u [7]
  • Mobilidade internacional : https://forms.office.com/r/9parnhbxvn [8]
  • Centro de linguas modernas: https://forms.office.com/r/60qczamhg6 [9]
  • Teatro: https://forms.office.com/r/lg2bnynmdv [10]
  • Danza: https://forms.office.com/r/lg2bnynmdv [10]
  • Fotografía de rúa: https://forms.office.com/r/qgare5cgwz [11]
  • Dobraxe : https://forms.office.com/r/je6hl8pjsb [12]
  • Deportes: https://forms.office.com/r/2dgtct5nth [13]

Máis info

  • Cartaz  "Actividades - Benvida Campus Terra" | Descargar pdf [14]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-e-o-campus-terra-programan-tres-dias-de-actividades-para-dar-benvida-ao-novo

Ligazóns:
[1] mailto:cultura.lugo@usc.es
[2] https://forms.office.com/r/63aestkkcb
[3] https://forms.office.com/r/whgaejvsj9
[4] https://forms.office.com/r/uphxuwkcgq
[5] https://forms.office.com/r/eyhqhbthgk
[6] https://forms.office.com/r/ahjhs1dn4e
[7] https://forms.office.com/r/ytflbnik6u
[8] https://forms.office.com/r/9parnhbxvn
[9] https://forms.office.com/r/60qczamhg6
[10] https://forms.office.com/r/lg2bnynmdv
[11] https://forms.office.com/r/qgare5cgwz
[12] https://forms.office.com/r/je6hl8pjsb
[13] https://forms.office.com/r/2dgtct5nth
[14] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartaz_actividades_benvida_campus_terra.pdf