Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello distribuirá gratis 200 entradas para o partido do día 20 de maio entre a selección galega e Venezuela

O Concello distribuirá gratis 200 entradas para o partido do día 20 de maio entre a selección galega e Venezuela

Poderán recollerse na Conserxería da casa consistorial os días 18 e 19 de maio, das 8:00 ás 20:00 horas, por rigoroso orde e ata un máximo de dúas por persoa

  • Tema
    • Deportes
Venres, 13 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Deportes e Medio Rural, dirixida por Miguel Fernández, distribuirá gratuitamente un total de 200 entradas para asistir ao partido que o 20 de maio disputarán a selección galega e a de Venezuela. O encontro terá lugar no estadio de Riazor, a partir das 20.30 horas. As entradas están dirixidas especialmente aos nenos e nenas das categorías infantil, cadete e xuvenil.

Os pases poderán recollerse na Conserxería da casa consistorial os días 18 e 19 de maio das 8:00 ás 20:00 horas. Entregaranse por rigoroso orde e ata un máximo de dúas por persoa, ata que se esgoten.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-distribuira-gratis-200-entradas-para-o-partido-do-dia-20-de-maio-entre-seleccion