Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo únese este domingo, Día do Medio Ambiente, ao ‘apagón’ convocado para concienciar sobre o cambio climático

O Concello de Lugo únese este domingo, Día do Medio Ambiente, ao ‘apagón’ convocado para concienciar sobre o cambio climático

A Administración local secunda así, a través da área de Benestar Social, a acción organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ao abeiro do proxecto europeo ‘People and Planet’.

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Medio ambiente
Venres, 03 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo únese este domingo, Día do Medio Ambiente, ao ‘apagón’ convocado para concienciar sobre o cambio climático

O Concello de Lugo sumarase este domingo á vintena de Administracións públicas que secundarán, a través do compromiso adquirido pola área de Benestar Social, o apagón convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, baixo o lema #OnlyOneEarth [1].

A partir das 23 horas, a Casa Consistorial e o exterior da pasarela Tanxurela suspenderán a súa iluminación para concienciar sobre o consumo de enerxía, ao abeiro do proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos Gobernos locais na loita contra o cambio climático.

Un xesto que se suma ao resto de iniciativas que desenvolve o Executivo de Lara Méndez, en consonancia co modelo de cidade que está a impulsar dentro da segunda gran transformación do municipio, e que concorda coas medidas de tipo urbanístico, ambiental, social e de economía circular que a rexedora está a poñer en marcha para pular polo crecemento da cidade de xeito sostible e responsable co coidado do planeta .


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-unese-este-domingo-dia-do-medio-ambiente-ao-apagon-convocado-para

Ligazóns:
[1] https://www.worldenvironmentday.global/es