Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo tínguese esta noite de verde para secundar o Día Mundial da Esclerodermia

O Concello de Lugo tínguese esta noite de verde para secundar o Día Mundial da Esclerodermia

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Solidariedade,
    • Sanidade
Luns, 28 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo tínguese esta noite de verde para secundar o Día Mundial da Esclerodermia

O Concello de Lugo iluminará esta noite, a partir das 23:00 horas, a fachada da Casa Consistorial de cor verde para secundar o Día Mundial da Esclerodermia a petición da Asociación Española desta enfermidade.

A esclerodermia é unha patoloxía rara e moi pouco coñecida entre a poboación, de carácter autoinmune que afecta ao tecido conectivo do organismo e produce cambios na pel; tamén pode producilos nos vasos sanguíneos, nos músculos e nos órganos internos. Afecta a tres de cada 10.000 persoas e máis ás mulleres que aos homes. A súa orixe é descoñecida mais considérase que un factor de risco para contraela é a exposición laboral ao po de sílice e ao policloruro de vinilo.

O Concello de Lugo súmase así ás reivindicacións do colectivo que escolleu o día 29 de xuño para visibilizar e recoñecer as dificultades daquelas persoas que viven coa esclerodermia e tentar conseguir melloras nos tratamentos e coidados co fin, tamén, de aumentar a conciencia pública e o entendemento entre as autoridades e institucións nacionais e internacionais sobre esta enfermidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-tinguese-esta-noite-de-verde-para-secundar-o-dia-mundial-da-esclerodermia