Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Discapacidade

O Concello de Lugo súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Discapacidade

A edil de Benestar participou na iniciativa Baixo o Mesmo Paraugas

  • Tema
    • Igualdade,
    • Accesibilidade
Martes, 03 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Discapacidade

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde sumouse hoxe ás reivindicacións do Día Internacional da Discapacidade.

Ataviada cun paraugas, para reflectir a diversidade social, participou na lectura do manifesto que as entidades convocantes organizaron ás doce do mediodía na Praza Maior.

Nesta cuarta edición de Baixo o mesmo Paraugas, a edil puxo de manifesto o apoio do Concello a esta iniciativa e tamén o seu compromiso por acadar a inclusión real a través das políticas desenvolvidas dende os Servizos Sociais municipais.

Olga López Racamonde uníase, así, aos actos para axudar a visibilizar as ilusións e os desexos das persoas con discapacidade, todas diversas pero “en materia de dereitos, todas iguais”.

Máis info

  • Baixo o mesmo Paraugas | Descargar vídeo [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-sumase-reivindicacions-do-dia-internacional-da-discapacidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/baixoomesmoparaugas.mp4