Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo sitúase entre as capitais de provincia con mellores datos de pago a provedores cun período medio de 3,58 días

O Concello de Lugo sitúase entre as capitais de provincia con mellores datos de pago a provedores cun período medio de 3,58 días

“Esta estatistística supón a constatación dunha maquinaria administrativa eficaz, que se sustenta grazas ao compromiso dos traballadores municipais e a unha estrutura dotada das ferramentas necesarias para levar a cabo unha xestión rigorosa e eficiente”, sinalou González Abelleria.

“Estar entre as administracións máis áxiles no pago a provedores non é só un indicador técnico, senón unha mostra clara do modelo de xestión que defendemos: unha institución seria, responsable e comprometida co seu tecido produtivo”, dixo.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Recadación,
    • Tesourería
Mércores, 29 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo sitúase entre as capitais de provincia con mellores datos de pago a provedores cun período medio de 3,58 días

O Concello de Lugo vén de acadar un Período Medio de Pago Global a Provedores Mensual de 3,58 días, un dato que o sitúa entre as capitais de provincia de España con mellores rexistros neste indicador. Este resultado confirma a eficacia do funcionamento municipal, permitindo reducir ao mínimo os prazos de pago e garantindo maior liquidez ás empresas que traballan coa administración local.

A concelleira da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, destacou que “este dato supón a constatación dunha maquinaria administrativa eficaz, que se sustenta grazas ao compromiso dos traballadores municipais e a unha estrutura dotada das ferramentas necesarias para levar a cabo unha xestión rigorosa e eficiente”.

Neste sentido, a edil puxo en valor a evolución positiva rexistrada nos últimos anos, subliñando que “seguimos mellorando de forma progresiva, o que permite que as empresas que traballan co Concello cobren antes e en mellores condicións, contribuíndo tamén a dinamizar o tecido económico local”.

González Abelleira puxo o foco no impacto desta foto fixa: “estar entre as administracións máis áxiles no pago a provedores non é só un indicador técnico, senón unha mostra clara do modelo de xestión que defendemos: unha institución seria, responsable e comprometida co seu tecido produtivo. Cumprir cos prazos e mesmo anticiparse a eles é fundamental para xerar confianza, apoiar ás empresas e reforzar a economía da nosa cidade”.

Con estes datos, o Concello de Lugo consolida a súa posición como unha das administracións locais máis eficientes no cumprimento das súas obrigas económicas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-situase-entre-capitais-de-provincia-con-mellores-datos-de-pago-provedores