O Concello de Lugo sensibilizará aos máis novos sobre as consecuencias negativas do consumo excesivo de alcohol
- Tema
- Igualdade
O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo retoma, despois dos meses de verán, o proxecto Creative. Trátase dun programa de prevención de drogas e minimización de riscos. A súa poboación obxectiva é a mocidade comprendida entre os 14 e os 24 anos. Consiste en saídas nocturnas ás zonas de concentración da mocidade no ocio nocturno e a montaxe dun stand dende onde se facilita información oral e mediante panfletos, na línea de diminución do dano, sobre distintas sustancias adictivas.
Os obxectivos perseguidos polo Concello de Lugo son:
- promover o non consumo e/ou as conductas responsables ante o mesmo
- proveer aos mozos e mozas de información veraz e obxectiva mediante un atractivo e amplo abano de soportes informativos
- fomentar nos usuarios a conciencia de risco.
O xeito de actuación está baseado primordialmente no respecto e a non intromisión na individualidade e a autonomía persoal. A información proporcionada sería sempre a demandada polo interesado con mensaxes respectuosas e non reduccionistas ao que é bo ou malo, ainda que a intención final é a de promocionar o non consumo, considerando que o uso ou non de sustancias é unha elección persoal que ten que ser tomada dende unha posición de responsabilidade e coa información necesaria. O verdadeiro obxectivo do programa é conseguir que a elección tomada pola persoa se leve a cabo do xeito mais seguro e responsable posible.
Localización:
As actuacións propostas levaranse a cabo nas zonas de maior concentración xuvenil ao longo deste ano e do próximo ano 2008. A primeira terá como punto clave o Parque de Rosalía de Castro, considerado un lugar de risco pola concentración de rapaces e rapazas que fan botellón durante as fines de semana. A intervención terá lugar na madrugrada do sábado 20 de setembro ao domingo 21, entre as 24:00 e as 3:00 horas.
Despois de 3 intervencións xa realizadas ao longo do ano 2008, continúan as previstas para finalizar este año nas siguientes fechas:
- Setembro: sábado 20
- Outubro: sábado 18
- Novembro: sábado 29