Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo retoma os procesos selectivos en curso adiados pola declaración do Estado de Alarma

O Concello de Lugo retoma os procesos selectivos en curso adiados pola declaración do Estado de Alarma

Entre os expedientes figuran, entre outros, as prazas de Director/a da Banda de Música, dúas de Educadore/as Sociais e o posto de Xefe/a do Servizo de Persoal

  • Tema
    • COVID-19,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Luns, 01 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo retoma os procesos selectivos en curso adiados pola declaración do Estado de Alarma

O Concello de Lugo retoma hoxe, 1 de xuño, os procesos selectivos que foran convocados con anterioridade ao 14 de marzo pola Institución local e que tiveron que adiarse como consecuencia da suspensión de prazos establecida durante o Estado de Alarma.

“A decisión obedece – sinalou a edil de Gobernanza – á obriga de darlle cumprimento ao Real Decreto 537/2020 polo que se establece a reanudación dos prazos de tramitación dos procedementos administrativos con relación aos expedientes de cobertura de prazas e provisión de postos de traballo que tiñamos iniciados”.

Paula Alvarellos referiu que os procesos que se viron afectados e que agora se reanudan son a cobertura de prazas de 2 oficiais, un/unha inspector/a principal e un/unha intendente (mediante anuncio no BOE nº 55 de 4 de marzo) que se atopaban na fase de presentación de instancias ao igual que a praza de Director/a da Banda de Música (mediante o anuncio no BOE nº 82 do 25 de marzo de 2020);  dous/dúas Educadores/as Sociais para a súa toma de posesión e os remitidos para a súa publicación no DOG co fin de cubrir o posto de Xefe/a de Servizo de Persoal.

A concelleira responsable da área económica subliñou tamén que, “para garantir unha maior seguridade xurídica e da concorrencia pública, ao igual que se fixo hai tres meses coa súa suspensión, tamén a reversión da medida se difundirá agora a través da páxina web municipal para contribuír á súa divulgación entre as persoas interesadas nas respectivas convocatorias”, concluíu.

Audio

  • A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, sobre a reanudación dos procesos selectivos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-retoma-os-procesos-selectivos-en-curso-adiados-pola-declaracion-do-estado

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/010620_paula_alvarellos_-_reanudacion_procesos_selectivos.mp3