Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo reparará por vía de urxencia a rede de auga da Rúa Mestre Soutullo

O Concello de Lugo reparará por vía de urxencia a rede de auga da Rúa Mestre Soutullo

  • Tema
    • Infraestruturas
Martes, 28 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo convocou esta mañá unha reunión co Concelleiro de Infraestruturas e os técnicos do Concello e do departamento que dirixe José Piñeiro na que se decidiu reparar por vía de urxencia a rede de auga da Rúa Mestre Soutullo, afectada de diversa consideración nos últimos días.

Unha vez analizada a situación, o Concello de Lugo decidiu acometer de xeito inmediato melloras que permitan solucionar os problemas de subministro da rúa e dos seus arredores. Melloras que comezarán a desenvolverse nos próximos días ata a súa subsanación íntegra.

Ao mesmo tempo e na mesma xuntanza tomouse o acordo de estudar a situación dos arredores da rúa Mestre Soutullo para, se fora necesario, proceder ás melloras pertinentes. O Concello lamenta os desperfectos ocasionados aos veciños que redundarán nunha mellora do servizo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-reparara-por-de-urxencia-rede-de-auga-da-rua-mestre-soutullo