Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo recuperará os tramos das antigas travesías para o uso dos veciños

O Concello de Lugo recuperará os tramos das antigas travesías para o uso dos veciños

  • Tema
    • Infraestruturas
Venres, 12 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentou esta mañá diversos proxectos que se executarán nas antigas travesías nacionais do Concello de Lugo.

Piñeiro explicou que debido ás obras que está realizando o Ministerio de Fomento en diferentes puntos do Concello de Lugo, incluídos dentro do convenio das antigas travesías nacionais entre o Concello e o Ministerio, hai puntos das estradas que quedan desviadas e non teñen tráfico. Este é o caso de tramos como no núcleo de Penelas en Calde (antiga N-540) ou a travesía de Nadela, que quedan unicamente como vía de servizo para o núcleo.
 
Nestas circunstancias o equipo de Goberno, a través da Concellería de Infraestruturas ven realizando as xestións precisas para a recuperación destes tramos das estradas e proceder ao seu acondicionamento, recuperación e reurbanización para que poidan utilizalos os veciños destes núcleos rurais. Nestes casos, a execución das obras corresponde ao Ministerio de Fomento para pasar despois a formar parte do viario municipal.
 
O acondicionamento do tramo da antiga N-540 na contorna do núcleo de Penelas e que conta cun investimento de 915.815 euros e un prazo de execución de 6 meses.

O proxecto será enviado ao Ministerio de Fomento para que o aprobe o seu financiamento e unha vez que terminado o entregue ao Concello que será o encargado de mantelo.
 
A outra vía que se atopa nas mesmas circunstancias, a travesía de Nadela, está en proceso de licitación da súa redacción. Este proxecto contará cun investimento aproximado de 1.500.000 euros e require un procedemento negociado.
 
O Concelleiro explicou que “o obxectivo é que estas vías que se quedan sen tráfico xeral sexan acondicionadas para dar servizo ao propio núcleo e aos seus veciños”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-recuperara-os-tramos-das-antigas-travesias-para-o-uso-dos-vecinos