Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo reanuda esta semana a lectura dos contadores da auga

O Concello de Lugo reanuda esta semana a lectura dos contadores da auga

A área de Medio Ambiente solicita á cidadanía que manteña abertos os cuartos nos que se atopan os dispositivos para evitar, na medida do posible, o contacto humano durante o proceso.

 
  • Tema
    • Alcaldía,
    • COVID-19,
    • Auga
Luns, 27 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo reanudaba este luns o servizo de lectura de contadores da auga, suspendido dende o inicio do Estado de Alarma como medida de prevención para evitar a propagación do coronavirus.

Na xornada de hoxe o persoal do servizo, provisto axeitadamente dos equipos de protección individual correspondentes, retomaba estas tarefas que se concentrarán naqueles inmobles nos que a toma de datos se pode realizar en instalacións independentes á vivenda.

Deste xeito, a área de Medio Ambiente solicita á cidadanía que manteña abertos os cuartos nos que se atopan os dispositivos para evitar, na medida do posible, o contacto humano durante o proceso. De forma que os traballadores municipais non poderán acceder ao interior dos domicilios para realizar a comprobación sendo, neste caso, os usuarios os que trasladen dita información á administración local chamando ao 010 e, non sendo así, o cálculo do consumo procederá a facerse por estimación.

Audio

  • O edil Álvaro Santos, sobre á lectura de contadores da auga | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-reanuda-esta-semana-lectura-dos-contadores-da-auga

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/270420_alvaro_santos_-_lectura_de_contadores_da_auga.mp3