Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo realiza unha ruta xeoliteraria con motivo da celebración do Día das Letras Galegas

O Concello de Lugo realiza unha ruta xeoliteraria con motivo da celebración do Día das Letras Galegas

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 14 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que o próximo sábado 17 de maio, con motivo da celebración do Dia das Letras Galegas, vaise a realizar unha ruta urbana xeoliteraria que terá saída dende a Ponte Romana.

Esta novidosa actividade mestura literatura e xeoloxía ao longo dun paseo que nos descubrirá unha nova fomra de mirar a cidade. A saída será ás 11 horas dende o pasoe Álvaro Cunqueiro e rematará sobre as 14.30 no centro da cidade.  As persoas interesadas poderán inscribirse ata cubrir as 25 prazas na Oficina Municipal de Turismo ou no 010.

A ruta comezará na Ponte Romana para ascender ao parque de Rosalía de Castro e dende alí camiñarase ata a Porta de Santiago ata subir polo adarve e camiñar ata a Praza do Campo Castelo e Praza Maior.

Ao longo deste percorrido faranse diferentes paradas en lugares de especial interese para realizar unha lectura de poemas e parágrafos de obras de ilustres escritores como Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, Uxio Novoneyra, Darío Xohan Cabana, Anxel Fole, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Luz Pozo Garza e Xose María Díaz Castro que irán acompañadas de observacións sobre os aspectos xeolóxicos de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-realiza-unha-ruta-xeoliteraria-con-motivo-da-celebracion-do-dia-das-letras