Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo publica os formularios de solicitude para o acceso a prazas de funcionarios e persoal laboral

O Concello de Lugo publica os formularios de solicitude para o acceso a prazas de funcionarios e persoal laboral

  • Tema
    • Protección da comunidade
Luns, 18 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publica no seu portal web municipal, no apartado de convocatorias de persoal na sección de Réxime Interior, os formularios de solicitude para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral desta administración local en quenda libre e quenda de consolidación de emprego temporal -concurso oposición-.

Ademais, xa se atopa colgado no mesmo apartado do portal do Concello o regulamento do Corpo de Bombeiros que forma parte do temario esixido para a proba das dúas prazas de bombeiros conductores en quenda libre e das once en quenda de consolidación de emprego.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta Oferta de Emprego Público para a que o prazo de inscripción xa está aberto segundo saiu publicado no BOE o pasado venres 15 de agosto. En www.lugo.es [1] aparecen as bases que rexen estas probas, incluíndo titulación esixida, forma de solicitude para a participación, características da praza, fases nas que se divide a proba ou o temario esixido.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-publica-os-formularios-de-solicitude-para-o-acceso-prazas-de-funcionarios-e

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/