O Concello de Lugo presentará aos sindicatos a maior Oferta Pública de Emprego dos últimos anos, cun total de 54 prazas
“Esta é unha OPE que mira ao futuro da cidade, que reforza áreas esenciais e que nos permitirá seguir prestando servizos de calidade.Somos conscientes da importancia de contar cos mellores equipos e esta convocatoria é un paso decisivo nese camiño”, destacou o rexedor.
Entre as prazas propostas, destacan especialmente as correspondentes a servizos de atención directa á veciñanza así como reforzos significativos para áreas clave como os servizos sociais, fundamentais para garantir unha atención próxima, áxil e eficaz.
O Concello decidiu ademáis integrar nesta OPE prazas correspondentes ás ofertas dos anos 2017, 2018, 2020, 2021 e 2022 que non foron executadas no prazo legal improrrogable de tres anos establecido no artigo 70 do TRLEBEP conforme a xurisprudencia do Tribunal Supremo.
- Tema
- Benestar social,
- Desenvolvemento local,
- Emprego,
- Políticas activas de emprego,
- Fomento do emprego,
- Emprego público
O Concello de Lugo levará á mesa de negociación cos sindicatos unha proposta de Oferta Pública de Emprego (OPE) para o ano 2025 que inclúe un total de 54 prazas, das cales 46 serán de acceso libre e 8 de promoción interna. Trátase da convocatoria máis ambiciosa da última década, coa que o Goberno local busca reforzar os servizos municipais e avanzar na modernización e eficacia da administración.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, subliñou que esta oferta responde ao compromiso do Concello coa mellora continua dos servizos públicos e coa atención á cidadanía. “Esta é unha OPE que mira ao futuro da cidade, que reforza áreas esenciais e que nos permitirá seguir prestando servizos de calidade. Somos conscientes da importancia de contar cos mellores equipos e esta convocatoria é un paso decisivo nese camiño”, destacou.
Entre as prazas propostas, destacan especialmente as correspondentes a servizos de atención directa á veciñanza. O corpo de bombeiros contará con 17 novas prazas, constituíndo a oferta máis relevante de Galicia neste ámbito. Tamén se inclúen 10 prazas para a Policía Local, así como reforzos significativos para áreas clave como os servizos sociais, fundamentais para garantir unha atención próxima, áxil e eficaz.
A concelleira de Recursos Internos, Ana González Abelleria, explicou que a OPE é unha ferramenta esencial de planificación e xestión do persoal municipal. “A oferta pública de emprego responde a criterios técnicos previamente definidos e debe ser negociada cos representantes sindicais nos seus aspectos xerais. O número e o tipo de prazas a convocar é competencia exclusiva do Concello, que determina as necesidades de persoal para garantir o bo funcionamento da administración. Con esta proposta damos un paso firme para actualizar e reforzar os cadros de persoal municipais”, sinalou.
A responsable de Recursos Internos destacou ademais que o Concello decidiu integrar nesta OPE prazas correspondentes ás ofertas dos anos 2017, 2018, 2020, 2021 e 2022 que non foron executadas no prazo legal improrrogable de tres anos establecido no artigo 70 do TRLEBEP conforme a xurisprudencia do Tribunal Supremo. Con esta decisión, o Goberno local “resolve de maneira definitiva estes procesos pendentes e achega seguridade xurídica tanto á administración como ás persoas aspirantes”.
O Executivo municipal subliña que esta oferta contribúe a fortalecer servizos estratéxicos, garantir o relevo xeracional, estabilizar equipos e continuar avanzando nun modelo de administración áxil, moderna e adaptada ás necesidades dun Lugo en transformación.
