Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo pon a funcionar un servizo en liña para a solicitude de empadroamento

O Concello de Lugo pon a funcionar un servizo en liña para a solicitude de empadroamento

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, puxo en marcha o procedemento para solicitar o certificado de empadroamento a través de Internet. Este servizo, pódese atopar no apartado de Oficina Virtual da web do Concello de Lugo: www.lugo.es [1] .

O sistema é moi sinxelo, só hay que consignar os datos no formulario e a sección de estatística porase en contacto co usuario para indicarlle cando pode pasar a recoller o documento solicitado.

Con isto, o Concello de Lugo cumpre coas seguintes premisas da nova lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas:

- Garantir o dereito ós cidadáns e empresas a relacionarse electronicamente co Concello.

- Manter unha oferta de servizos en liña que se corresponda coa demanda existente.

- Os cidadáns poderán facer seus trámites 24 horas ó día ós 365 días do ano.

- Garantir a existencia de canles axeitados con cidadáns e empresas.

- Modernizar o Concello de Lugo promovendo o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-pon-funcionar-un-servizo-en-lina-para-solicitude-de-empadroamento

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es