Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo pon en marcha o programa Lugoqualitas coa concesión de prácticas laborais en empresas europeas

O Concello de Lugo pon en marcha o programa Lugoqualitas coa concesión de prácticas laborais en empresas europeas

  • Tema
    • Economía
Martes, 18 de decembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, pon en marcha o proxecto “Lugoqualitas”, ó abeiro do Programa Leonardo da Vinci, que promove a concesión de axudas á realización de practicas laborais de 13 semanas de duración, en empresas de Italia e Polonia, dirixidas a mozos e mozas, de entre 18 e 25 anos, tituladas no eido da formación profesional nos 3 últimos anos.

Os candidatos deberán posuír un nivel de inglés medio, tanto lido, falado como escrito. Valoraranse, así mesmo, os coñecementos da lingua do país de destino.

O número de estancias previstas é o seguinte:

- 10 estancias para prácticas profesionais en Italia
- 10 estancias para practicas profesionais en Polonia

O programa formativo constará dunha preparación lingüística no país de acollida e da realización de prácticas laborais especializadas, de acordo co perfil dos beneficiarios e beneficiarias. A designación das empresas nas que se efectuarán as prácticas decidirase en colaboración cos socios intermediarios do Proxecto Lugoqualitas e e tras a realización dunha entrevista persoal profesional con cada un dos beneficiarios.

Os interesados poderán presentar a solicitude dispoñible na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es [1], nos centros de Formacíón Profesional da cidade.

Para obter máis información pódese chamar ó numero de Atención Cidadá do Concello 010 e na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo 982 297 220.

O prazo de inscripción comenza o luns 17 de decembro de 2007 e rematará o 15 de xaneiro de 2008.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-pon-en-marcha-o-programa-lugoqualitas-coa-concesion-de-practicas-laborais

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es