Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo pon en marcha a nova páxina web de San Froilán 2009

O Concello de Lugo pon en marcha a nova páxina web de San Froilán 2009

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 23 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo puxo en marcha a nova páxina web das festas de San Froilán 2009. Pódese acceder a este espazo poñendo a seguinte dirección no navegador http://sanfroilan.info [1] ou a través do portal web do Concello www.lugo.es [2] e www.lugoturismo.com [3] .

Neste novo site poderase acceder a toda a información sobre as festas patronais de Lugo que este ano celebran a súa 255 edición. O internauta poderá coñecer a historia dos festexos, o programa dos maiores, dos nenos e de deportes, descargarse o cartel, postais, ver fotografías doutros anos e ler o saúdo do Alcalde e da Concelleira de Cultura.

O novo espazo permite ao visitante descargarse un plano do centro da cidade no que se indican os lugares que congregan ao longo dos 9 días de festa o maior número de actividades. Ademais, pódense coñecer as publicacións editadas polo Concello de Lugo con motivo das festas.

O San Froilán xa está na Rede para que todos e todas poidan coñecer o gran número de actividades que se desenvolverán do 4 ao 12 de outubro na cidade dende calquera parte do mundo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-pon-en-marcha-nova-paxina-web-de-san-froilan-2009

Ligazóns:
[1] http://sanfroilan.info
[2] http://www.lugo.es
[3] http://www.lugoturismo.com