Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo patrocina o III Salón Internacional de caza, pesca e actividades da natureza

O Concello de Lugo patrocina o III Salón Internacional de caza, pesca e actividades da natureza

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 10 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiu hoxe á presentación de SIDENATUR, o III Salón Internacional de caza, pesca e actividades da natureza que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos entre o 19 e o 21 de setembro .

O Salón, que está aptrocinado entre outros polo Concello de Lugo, ofrecerá aos visitantes a posibilidade de coñecer as novidades en complementos de caza, pesca, deportes e actividades da natureza. O obxectivo de SIDENATUR é crear un marco de intercambio empresarial e comercial entre as empresas e os usuarios.

Outro dos obxectivos do salón é introducir ao público en xeral na práctica da pesca e da caza deportiva atendendo ás modalidades menos lesivas co medio natural e ao coñecemento e a práctica de todas as actividades que se desenvolvan neste medio. Preténdese, ademais, contribuir a que os máis mozos aprendan a respectar o equilibrio do seu contorno e comecen a coñecer a sostibilidade.

Todas estas actividades está consideradas dunha gran importancia socio-económica, xerando riqueza e emprego, como o ecoturismo e o turismo rural, e poñendo en valor o patrimonio natural.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-patrocina-o-iii-salon-internacional-de-caza-pesca-e-actividades-da-natureza