O Concello de Lugo participa na lectura do manifesto no Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Edís do Goberno Local apoiaron ás máis de 20 asociacións presentes no acto que, co lema “Baixo o mesmo paraugas”, avogou polos dereitos destas persoas en todas as prazas galegas.
- Tema
- Axenda institucional,
- Benestar social,
- Igualdade,
- Igualdade de dereitos,
- Accesibilidade,
- Inclusión

Membros do Goberno Local participaron esta mañá no acto polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que consistiu na lectura dun manifesto, que co lema “Baixo o mesmo paraugas” reclamou os mesmos dereitos para estas persoas e para garantir unha vida plena e digna. O acto foi convocado pola asociación Raiolas e polo centro de San Vicente de Paúl, pero concentrou fronte á Casa do Concello a representantes e integrantes dunha vintena de asociacións e colectivos que traballan a prol da inclusión e do Benestar Social.
A lectura do manifesto correo a cargo de dous usuarios das asociacións, que pediron ás administracións e á sociedade unión e compromiso para que as persoas con discapacidade teñan os mesmos dereitos que calquera outro cidadán. O acto de Lugo, fronte a Casa do Concello, se une ao resto de iniciativas que hoxe estaban convocadas noutras prazas das principais cidades galegas. A concentración rematou coa canción de Macaco “Somos una marea de gente” e a apertura de decenas de paraugas de cores, para simbolizar tamén a diversidade.
