O Concello de Lugo participa na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co impulso á rede Electas Municipais de Galicia
A edil de Xestión Integral e Recursos Internos, Ana González Abelleira, representou ao Goberno Local neste foro, integrado por 120 concellos galegos e as catro deputacións.
Aprobouse a proposta para crear esta alianza de alcaldesas e concelleiras, seguindo a estela das compañeiras de Mozambique e Cabo Verde.
- Tema
- Benestar social,
- Solidariedade,
- Igualdade

A concelleira de Xestión Integral e Recursos Internos, Ana González Abelleira, participou esta mañá na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en representación do Concello de Lugo, celebrada esta mañá en Santiago de Compostela. Nesta reunión, deuse luz verde ao proceso de constitución da Rede de Electas Municipais de Galicia, seguindo o exemplo das redes de mandatarias locaiscreadas en Mozambique e Cabo Verde. A iniciativa xurdiu precisamente do grupo de alcaldesas e concelleiras que participaron o mes pasado no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’ celebrado na cidade de Praia, co fin de fomentar a participación das mulleres no poder local e as políticas con perspectiva de xénero.
Segundo acordouse esta mañá, estes obxectivos serán tamén os da futura Rede de Electas Municipais de Galicia, para o que se recadará o apoio da Fegamp. Con esta iniciativa búscase promover a incorporación das mulleres á política local, co obxectivo de favorecer a igualdade de xeito tanto específico como transversal. Neste sentido, na asemblea celebrada esta mañá explicouse que aínda existe un baixo grao de representación feminina nas esferas de toma de decisións e, de feito, dos 313 concellos galegos só 69 contan cunha muller ao mando, o que supón un 22%. As cifras empeoran nos municipios pequenos, onde as listas electorais paritarias non son obrigatorias.
A orde do día da asemblea incluíu tamén a ratificación das altas de cinco novos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forman parte 120 concellos galegos e as catro deputacións, e que teñen como principal fin a loita contra a pobreza e as desigualdades nos chamados países do Sur Global.
Ademais se presentaron proxectos en curso con varias ONGD,a través da convocatoria de axudas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, así como o Plan de Actividades 2026 aprobado na asemblea, que incorpora máis de 50 actividades de educación para a cidadanía globala realizar nos concellos socios, en forma de exposicións, teatro, cursos, charlas ou cine para sensibilizar sobre outras realidades e promover a educación en valores.
