Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo paga o 98% das facturas en menos de 30 días

O Concello de Lugo paga o 98% das facturas en menos de 30 días

Só 30 facturas excederon o prazo de pago e foron aboadas nun período medio de 32,11 días

  • Tema
    • Economía
Martes, 04 de novembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Informe de morosidade, emitido pola Tesourería Municipal do que se deu conta onte ó Pleno da Corporación municipal, destaca que “prácticamente a totalidade das facturas foron pagadas no prazo de 30 días desde que foron debidamente aprobadas polo órgano municipal competente”.

Segundo detalla o Servizo de Tesourería no Informe de morosidade, no segundo trimestre realizouse o pagamento de 1.646 facturas por un importe global de 10.554.404,23 euros.

O 98% das facturas, 1.610, foron pagadas dentro do prazo establecido de 30 días e o seu importe ascendeu a 10.536.616,64 euros.

O período medio de pago, que se calcula dende a data de recoñecemento da obriga, foi de 6,82 días.

O 2% das facturas, en total 36, foron aboadas fóra de prazo e pagáronse nun periodo medio de 32,11 días.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-paga-o-98-das-facturas-en-menos-de-30-dias