Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo organiza unha nova actividade dirixida a mocidade lucense: Xogos reunidos

O Concello de Lugo organiza unha nova actividade dirixida a mocidade lucense: Xogos reunidos

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 17 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, organiza para os xoves do mes de xullo unha nova actividade dirixida á mocidade lucense de entre 12 e 35 anos.

Entre as 20:00 e as 22:00 horas as persoas que se acheguen ata a Casa da Música do Concello de Lugo poderán desfrutar da actividade Xogos Reunidos. Poranse á disposición dos asistentes diferentes consolas de videoxogos.

A entrada para participar nesta nova actividade será totalmente gratuíta.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-organiza-unha-nova-actividade-dirixida-mocidade-lucense-xogos-reunidos