Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo organiza unha lectura pública de textos de Rosalía de Castro para celebrar o Día Mundial do Libro

O Concello de Lugo organiza unha lectura pública de textos de Rosalía de Castro para celebrar o Día Mundial do Libro

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 21 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo en colaboración coa asociación Ágora Cultural organiza a lectura pública de textos de Rosalía de Castro na Praza Maior para conmemorar o vindeiro venres, día 23 de abril, o Día Mundial do Libro.

O acto comezará ás 10:00 horas, diante da Casa Consistorial, e ao longo da mañá os escolares dos centros educativos da cidade lerán parágrafos de diferentes obras da poetisa galega. Esta actividade, que fará un descanso ás 14:00 horas estará coordinada pola Concellería de Educación.

Pola tarde, retomarase a lectura pública ás 18:00 horas e, todos os lucenses que desexen participar, están convidados a ler a obra de Rosalía.

O Día do Libro conmemórase desde o ano 1930 en lembranza do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes y Saavedra, William Shakespeare e o do cronista Garcilaso de la Vega (el Inca), todos ocorridos o 23 de abril de 1616. No ano 1995, a UNESCO acordou a proclamación universal do 23 de abril como o “Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-organiza-unha-lectura-publica-de-textos-de-rosalia-de-castro-para-celebrar