Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo organiza un curso de monitor de tempo libre para a mocidade

O Concello de Lugo organiza un curso de monitor de tempo libre para a mocidade

  • Tema
    • Xuventude
Luns, 08 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, impartirá un novo curso formativo destinado á mocidade lucense e que nos últimos anos contou cunha gran demanda: o curso de monitores de tempo libre.

Esta actividade, destinada a persoas de entre 18 e 30 anos, conta cun total de 200 horas teóricas e 150 prácticas que se realizarán nas actividades organizadas pola Concellería.

O número de prazas será de 25. O curso terá un custe de 180 euros por persoa dos que 130 serán aportados polo Concello e 50 deberán ser aboados polos participantes en concepto de matrícula.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de marzo ás 19.00 horas, na Concellería de Xuventude.

Os cursos terán lugar os venres de 16:00 a 21:00 horas e de 9.00 a 14.00 e de 16:30 a 20:30 horas os sábados e os domingos, do 26 de marzo ao 6 de xuño.

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982 297 496 ou dirixirse á Oficina de información Xuvenil do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra entre ás 10.00 e as 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-organiza-un-curso-de-monitor-de-tempo-libre-para-mocidade