Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo organiza o II Concurso de Carteis Entroido 2008

O Concello de Lugo organiza o II Concurso de Carteis Entroido 2008

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 03 de decembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, presenta o II Concurso de Carteis Entroido 2008, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá aparecer o seguinte texto: “Entorido 2008, 1-6 de febreiro- Concello de Lugo”, e será requisito indispensabel que o escudo da cidade figure no cartel.

O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

O Concello repite este concurso de carteis creado no 2007 coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.

O prazo de presentación de carteis rematará o 9 de xaneiro do 2008, ás 14:30 horas. Todos os participantes entregarán a súa obra na Concellería de Cultura e Turismo, na planta baixa da Casa Consistorial. As obras deberán presentarse sen nome nin sinatura do autor/autores e baixo un título cun sobre pechado co boletín de inscrición ou os datos persoais. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-organiza-o-ii-concurso-de-carteis-entroido-2008