Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo organiza novos cursos de electrónica básica para mozos e mozas de entre 18 e 35 anos

O Concello de Lugo organiza novos cursos de electrónica básica para mozos e mozas de entre 18 e 35 anos

O prazo de inscrición é do 23 de febreiro ao 4 de marzo na Casa da Xuventude

  • Tema
    • Educación pública
Xoves, 19 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que o próximo luns 23 de febreiro ábrese o prazo para inscribirse en dous novos cursos do programa +XTI.

O Curso Básico de Reparación e Aplicación para móbiles e electrónica básica impartirase entre o 6 de marzo e o 16 de maio os venres e os sábados entre as 16.30 e as 20.30 horas. O curso formativo que terá 14 prazas desenvolverase nunha das salas de obradoiros do Centro Convivencia Uxio Novoneyra e está dirixido á mocidade de 18 a 35 anos.

O outro curso no que está aberto o prazo de inscrición é o Curso de Timelapse, Fotografía Panorámica e 360º que se impartirá entre o 6 de marzo e o 15 de maio en horario de venres entre as 16.30 e as 20.30 e os sábados de mañá de 10 a 14 horas na Casa da Xuventude. O número de prazas é de 15 e os destinatarias son mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.

En ambos casos o lugar de presentación é na Casa da Xuventude e o prazo de inscrición remata o 4 de marzo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-organiza-novos-cursos-de-electronica-basica-para-mozos-e-mozas-de-entre-18