Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo ofrece formación de mediador intercultural a 20 desempregados cunha previsión de inserción laboral do 35%

O Concello de Lugo ofrece formación de mediador intercultural a 20 desempregados cunha previsión de inserción laboral do 35%

  • Tema
    • Igualdade
Xoves, 29 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Nos últimos anos a sociedade pasou dunha situación aparentemente mono-cultural a unha sociedade multicultural, polo que xurde a necesidade de novas figuras profesionais que se encarguen da mediación. Por iso a Concellería de Muller e Servizos Sociais, que dirixe Carmen Basadre, puxo en marcha o Programa experimental en materia de emprego EMERXE II para a formación de 20 mediadores interculturais.

O obxectivo final do proxecto é acadar unha integración da poboación inmigrante, das minorías étnicas e das persoas sen teito, para poder establecer un proxecto persoal e comunitario que poda constituir un sentido de vida e de pertenza na nova sociedade intercultural, pero sen perder a identidade nin as bases culturais de ningunha das partes.

Nesta integración será fundamental o labor dos mediadores culturais facilitando o diálogo e acomunicación entre os individuos reducindo os posibles conflictos.

O programa comezará o 11 de decembro e terá 450 horas de formación: 200 horas teóricas e 250 prácticas. O colectivo ó que vai dirixido o programa son desempregadas e desempregados do Concello de Lugo seleccionados a través do Servizo Público de Emprego. Unha vez rematada a súa formación prevese unha inserción laboral do 35% dos participantes.

Formación
Para a realización das labores de mediación na cidade de Lugo,os participantes no proxecto recibirán unha formación completa sobre ferramentas psicolóxicas, habilidades de comunicación, asertividade e capacidade empática para poder actuar, etc.

RELACIÓN DE MÓDULOS FORMATIVOS:

1.- Habilidades sociais.
2.- Convivencia intercultural.
3.- A medición.O mediador social-intercultural.
4.- Metodoloxía de intervención.
5.- Ámbitos da Mediación.
6.- Medicaión con inmigrantes.
7.- Mediación con minorías étnicas.
8.- Mediación con persoas sen teito.
9.- Recursos sociais e integración social.
10.- Igualdade de oportunidades.
11.- Formación e orientación laboral.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-ofrece-formacion-de-mediador-intercultural-20-desempregados-cunha-prevision