Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo ofrece actividades gratuítas subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas

O Concello de Lugo ofrece actividades gratuítas subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas

O Concello de Lugo organiza actividades, gratuítas, e subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas

As inscricións, para calquera das tres alternativas, débense realizar no mail maisporti2020@lugo.gal [1]

  • Tema
    • Educación,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Luns, 06 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo ofrece actividades gratuítas subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez pon en marcha, a través da programación gratuíta do +Xti, un curso de comunicación e outro de recursos lúdicos e un taller de deseño e impresión, organizados polo Concello, baixo o +Xti, e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas.

Curso de Comunicación con éxito: emocións, creatividade e emprendemento

Existen 15 prazas e a inscrición está aberta ata o 17 de xullo ás 14:00 horas. Terá lugar no CEI-NODUS, luns, mércores e xoves, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Curso de recursos lúdicos para animación

Dirixido a mozas e mozos de 18 a 35 anos, conta con 10 prazas e o prazo de inscrición remata o 24 de xullo, impartíndose do 27 de xullo ao 14 de agsoto, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no centro de convivencia Uxío Novoneyra. Neste curso, dun total de 60 horas, tratarse o deseño e programación de actividades lúdicas, dinámicas e xestión de grupos, xogos e cancións, técnicas de globoflexia, maquillaxe de fantasía e malabares e técnicas circenses.

Taller de Deseño e Impresión 3D

Dirixido á mocidade entre 18 e 35 anos. Existen 10 prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo e a inscrición está aberta ata o 28 de xullo ás 14:00 horas. Impartirarase tamén no CEI-NODUS, do 30 de xullo ao 7 de agosto, das 10:00 ás 14:00 horas.

O Concello organiza estas tres actividades, gratuítas, e subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas. As inscricións, para calquera das tres alternativas, débense realizar no mail maisporti2020@lugo.gal [1], facendo referencia ao curso, nome e apelidos, DNI e teléfono.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-ofrece-actividades-gratuitas-subvencionadas-polo-plan-nacional-sobre-drogas

Ligazóns:
[1] mailto:maisporti2020@lugo.gal