Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo mostra o seu pesar polo falecemento do escritor Xosé Neira Vilas

O Concello de Lugo mostra o seu pesar polo falecemento do escritor Xosé Neira Vilas

Neira Vilas deixa un importante legado á literatura, do que forma parte Memorias dun neno labrego, a novela galega máis lida, editada e traducida

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción da lingua
Venres, 27 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Corporación Municipal mostra o seu profundo pesar polo falecemento do escritor Xosé Neira Vilas. O seu pasamento non só entristece ao mundo da cultura, senón a todos os galegos e galegas, que hoxe quedan orfos dun importante referente da súa identidade.

Neira Vilas deixa un importante legado á literatura, do que forma parte o libro Memorias dun neno labrego, que se converteu na novela galega máis lida, editada e traducida.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-mostra-o-seu-pesar-polo-falecemento-do-escritor-xose-neira-vilas