Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo mellorará a sinalización turística das 7 parroquias das dúas marxes da ribeira alta do Miño

O Concello de Lugo mellorará a sinalización turística das 7 parroquias das dúas marxes da ribeira alta do Miño

Esta iniciativa, que nace da necesidade de achegar información de interese cultural e paisaxística aos visitantes do territorio rural, contempla tamén a sinalización de 10 elementos culturais e paisaxísticos destas parroquias

A sinalización servirá para artellar unha ruta de sendeirismo a carón do Miño, que se enmarcará no programa de promoción turística Terras de Auga e Cultura, no que participaron unhas 450 persoas no que vai de ano

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Medio rural
Luns, 17 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo mellorará a sinalización turística das 7 parroquias das dúas marxes da ribeira alta do Miño e de 10 elementos culturais e paisaxísticos destes lugares, co fin de poñer en valor e incrementar o turismo na zona rural do municipio. Así o anunciou este luns a Concelleira de Cultura,Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen destacou que se trata dun proxecto “que nace da necesidade de achegar información de interese cultural e paisaxística aos visitantes do territorio rural”.

O Concello tramitou a solicitude para optar ás axudas convocadas pola Axencia de Turismo de Galicia para fomentar a accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural. O proxecto presentado pola entidade local conta cun presuposto total do 100%, máis de 50.000 euros, e busca dar unha visión de conxunto da riqueza da paisaxe cultural, ofrecer información sobre determinados recursos de interese patrimonial e paisaxístico e facer accesible a información a todas as persoas.

Neste senso, Basadre anunciou que “esta sinalización servirá para artellar unha ruta de sendeirismo a carón do río Miño, Roteiro polas ribeiras altas, que se enmarcará no programa de promoción turística Terras de Auga e Cultura, no que participaron unhas 450 persoas no que vai de ano”.

Con este proxecto preténdense crear unha rede de indicadores estáticos uniformes de dous tipos: directorios planímetros con información cultural e paisaxística para cada unha das 7 parroquias rurais, e sinais interpretativos para cada un dos 10 elementos culturais e paisaxísticos desta zona. A sinalización realizarase con suma prudencia, colocándose co menor impacto posible na paisaxe e con materias respetuosos co medio ambiente. Así, por exemplo, empregarase tintas ecosolventes na impresión dixital.

7 enclaves paisaxísticos e 10 culturais

En canto aos sinais parroquiais, este plan incluirá un directorio planímetro para cada unha das sete parroquias: Adai, Bocamaos, Meilán, O Veral, Ombreiro, Orbazai e San Lázaro da Ponte.
O proxecto tamén contempla un sinal identificativo ou interpretativo de cada un dos seguintes elementos culturais e paisaxísticos do rural do Concello de Lugo: Aceña do Rei Chiquito-Caneiro de Don Pepito (Adai); Igrexa Parroquial de Bocamaos, Caneiro de Meilán, Igrexa Parroquial de Meilán, Capela de Riazón (Ombreiro); Igrexa Parroquial Xuxaos (Orbazai); Igrexa de San Lázaro da Ponte, Hospital Carlos III (San Lázaro); Igrexa Parroquial de San Vicente de O Veral e Igrexa de San Matías (O Veral).


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-mellorara-sinalizacion-turistica-das-7-parroquias-das-duas-marxes-da