Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo mantén o seu apoio ás asociacións que traballan no eido dos servizos sociais

O Concello de Lugo mantén o seu apoio ás asociacións que traballan no eido dos servizos sociais

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 24 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou hoxe que o Concello de Lugo segue a manter as subvencións para entidades sen ánimo de lucro que traballan no eido dos servizos sociais.

“O Concello de Lugo segue apostando por apoiar o traballo das asociacións, nós non recortamos nin pasamos a pelota a outras institucións, senon que seguimos traballando para que a sociedade luguesa teña un pouco máis fácil a vida”, declarou Ana González.

A Concelleira de Benestar Social informou de que “este ano volvemos adicar 28.000 euros a estas axudas destinadas a todas as asociacións que leven a cabo traballos a prol de colectivos en desvantaxe social”.

O prazo abrirase previsiblemente a semana que vén, tan pronto se publique a convocatoria o Diario Oficial de Galicia, e prolongarase durante un mes.

O ano pasado foron 9 as entidades que recibiron estas axudas do Concello, das 13 que presentaron solicitude, e o importe das achegas oscilou entre 3.000 e 5.000 euros, en función das características dos proxectos subvencionados.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-manten-o-seu-apoio-asociacions-que-traballan-no-eido-dos-servizos-sociais