Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo manten o proxecto de creación da praia fluvial

O Concello de Lugo manten o proxecto de creación da praia fluvial

  • Tema
    • Urbanismo
Xoves, 03 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo mantén o proxecto de creación da praia fluvial no Río Miño e está traballando no seu desenvolvemento para que todos os veciños e veciñas de Lugo poidan desfrutalo durante este verán.

Ante o requerimento de nova documentación e da aportación de informes de máis de 12 entidades diferentes para conceder os permisos, o Goberno local, decidiu reformar o proxecto de maneira que se permitan axilizar os trámites para que os veciños e veciñas poidan desfrutar deste desexado espazo este próximo verán.

Desta maneira, os técnicos municipais estan traballando na solicitude de novos permisos e no novo proxecto, menos invasivo, e que suporá unha reducción no tempo de agarda das autorizacións que teñen que conceder tanto o Ministerio de Medio Ambiente como a Conferederación Hidrográfica Miño-Sil.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-manten-o-proxecto-de-creacion-da-praia-fluvial