Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo inviste máis de 20.000 euros en melloras en dous centros educativos da cidade

O Concello de Lugo inviste máis de 20.000 euros en melloras en dous centros educativos da cidade

  • Tema
    • Economía
Venres, 29 de maio de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Compras do Concello de Lugo celebrada hoxe venres, 29 de maio, aprobou o investimento de máis de 20.000 euros para a realización de obras de mellora en dous centros educativos da cidade.

No centro Fingoi II realizaranse obras de mellora da accesibilidade e peche por un importe de 6.957 euros. Estas obras serán realizadas pola empresa Penas.

No Colexio de Casás, procederase á sustitución das portas de peche metálico. Esta actuación contará cun orzamento de 13.229 euros e será ejecutada pola empresa Portosar Galicia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-inviste-mais-de-20000-euros-en-melloras-en-dous-centros-educativos-da