Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo instala unha barreira de contención ao pé da Captación de Auga para frear o vertido detectado en Outeiro de Rei

O Concello de Lugo instala unha barreira de contención ao pé da Captación de Auga para frear o vertido detectado en Outeiro de Rei

Con esta medida a área de Medio Ambiente pretende contribuír a controlar a evolución da mancha de combustible e atallar a posibilidade de que chegue a afectar á traída pública municipal.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Medio ambiente,
    • Auga,
    • Medio rural
Martes, 05 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo instala unha barreira de contención ao pé da Captación de Auga para frear o vertido detectado en Outeiro de Rei

A área de Medio Ambiente que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández procederá a instalar nas próximas horas unha barreira de contención ao pé da Captación de Auga para tratar de frear o vertido detectado no río Miño, en Outeiro de Rei, a altura da parroquia de Santa Mariña.

Trátase dunha medida de carácter puramente preventivo coa que se pretende atallar a posibilidade de que a mancha de combustible siga a estenderse e chegue a afectar á traída pública da capital, contribuíndo así, ademais, a manter controlada a súa evolución.

Pese a que se descarta calquera risco para a saúde da poboación a área de Medio Ambiente lembra que os Depósitos Municipais de auga teñen unha capacidade de almacenaxe para dar servizo á veciñanza un mínimo de dous días, ao tempo que recorda tamén que o Concello realiza continuamente analíticas, con medidores específicos sobre unha serie de parámetros, para garantir a calidade e potabilidade da auga.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-instala-unha-barreira-de-contencion-ao-pe-da-captacion-de-auga-para-frear-o