Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo inicia o pintado de 50 novas prazas de aparcamento nas inmediacións da Estación de tren

O Concello de Lugo inicia o pintado de 50 novas prazas de aparcamento nas inmediacións da Estación de tren

Trátase dunha medida temporal destinada a paliar o peche do aparcadoiro gratuíto que Adif tiña á beira desta dotación como consecuencia do inicio dos traballos de construción da nova estación Intermodal.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Obras en execución
Venres, 21 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo inicia o pintado de 50 novas prazas de aparcamento nas inmediacións da Estación de tren

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o edil responsable de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, supervisaron esta tarde o inicio dos traballos de pintado das 50 novas prazas de aparcamento que o Concello está a executar na rúa que une Infanta Elena con Serra de Meira, entre os barrios de Paradai e As Gándaras, nas inmediacións da estación ferroviaria da cidade.

Trátase dunha medida temporal destinada a paliar o peche do aparcamento gratuíto que Adif tiña á beira da estación de tren como consecuencia do inicio dos traballos de construción da nova estación Intermodal. Para a elección desta localización, o Concello de Lugo valorou a súa proximidade á estación de tren e a súa proximidade ao centro da cidade, a súa accesibilidade así como os parámetros de seguridade viaria que proporciona a vía nas que se sitúan estes novos estacionamentos. As prazas entrarán en funcionamento ao longo da próxima semana.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-inicia-o-pintado-de-50-novas-prazas-de-aparcamento-nas-inmediacions-da