Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo incorporará a Luis Ramón Vázquez Parga como novo interventor municipal

O Concello de Lugo incorporará a Luis Ramón Vázquez Parga como novo interventor municipal

“É un pracer poder contar no noso equipo cunha persoa avalada coa traxectoria profesional como a que presenta Vázquez Parga”, sinalou a alcaldesa Paula Alvarellos.

O novo habilitado nacional é natural de Lugo e desde 2020 exerce como viceinterventor de clase primeira no Concello de Ferrol.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Venres, 01 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo incorporará a Luis Ramón Vázquez Parga como novo interventor municipal

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, informou esta mañá que nos próximos días farase efectiva a incorporación ao posto de interventor municipal de Luis Ramón Vázquez Parga. O novo habilitado nacional é natural de Lugo e desde 2020 exerce como viceinterventor de clase primeira no Concello de Ferrol. “É un pracer poder incorporar ao equipo de traballo municipal a unha persoa avalada cunha traxectoria profesional como a que presenta Luis Ramón Vázquez Parga. Sen dúbida o labor dun interventor é capital na xestión local e está chamado a desenvolver un papel de gran valor para o noso municipio. Queremos agracer o seu compromiso coa nosa cidade”, sinalou a alcaldesa.

Vázquez Parga conta cunha dilata experiencia na administración local, antes de ocupar o seu posto no municipo ferrolán exerceu tamén como interventor nos concellos de Ribadeo, entre 2013 e 2020, e en Foz, entre o ano 2007 e 2013. As súas pimeiras funcións como servidor público desenvolveunas en Cantabria onde traballou en Santillana de Mar e Santa María de Cayón.

O novo interventor municipal é Licenciado en Administración e Dirección de empresas pola USC e posue un master en Auditoría Pública, pola Universidade de Castela A Mancha. É habilitado nacional desde o ano 2004 e no ano 2012 accedeu á ascala de intervención-tesourería con categoría superior.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-incorporara-luis-ramon-vazquez-parga-como-novo-interventor-municipal