Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo iluminará de verde a fachada da Casa Consistorial para visibilizar a neurofibromatose

O Concello de Lugo iluminará de verde a fachada da Casa Consistorial para visibilizar a neurofibromatose

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Sanidade
Martes, 19 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo iluminará de cor verde a fachada da Casa Consistorial desde esta noite e ata o vindeiro 22 de maio con motivo da campaña internacional de concienciación sobre a neurofibromatose.

Con este xesto, o Executivo municipal súmase á iniciativa impulsada pola Asociación de Afectados de Neurofibromatose (AANF) para dar visibilidade a esta enfermidade xenética rara que afecta ao sistema nervioso e que padecen miles de persoas en España.

A campaña coincide coa conmemoración do Día Internacional da Neurofibromatose tipo 1, celebrado o 17 de maio, e do Día Internacional da Neurofibromatose tipo 2, o 22 de maio.

O Concello de Lugo quere amosar así o seu apoio ás persoas afectadas e ás súas familias, contribuíndo á sensibilización social e ao coñecemento dunha enfermidade aínda moi descoñecida.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-iluminara-de-verde-fachada-da-casa-consistorial-para-visibilizar