Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo homenaxeará este sábado a Ramos Misioné, primeiro deportista lucense en conseguir unha medalla olímpica

O Concello de Lugo homenaxeará este sábado a Ramos Misioné, primeiro deportista lucense en conseguir unha medalla olímpica

  • Tema
    • Deportes
Luns, 21 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo homenaxeará este sábado a Ramos Misioné, primeiro deportista lucense en conseguir unha medalla olímpica

O Concello de Lugo celebrará o sábado 26 de setembro ás 12.00 horas, no Club Fluvial de Lugo, un acto de homenaxe a Ramos Misioné, primeiro deportista lucense en conseguir unha medalla olímpica, e aos seus tres compañeiros do K4, protagonistas da medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976, a primeira medalla olímpica do piragüismo español.

50 anos despois daquela fazaña, Misioné volverá reunirse en Lugo cos seus compañeiros de embarcación para recibir o recoñecemento do Concello.

O acto terá ademais unha imaxe especialmente simbólica: os catro deportistas trasladarán xuntos ata o escenario unha réplica de 11 metros da embarcación coa que fixeron historia hai 50 anos.

  • Sábado, 26 de setembro
  • 12.00 horas
  • Club Fluvial de Lugo

Elena Candia afirmou que “unha medalla olímpica é moito máis que unha medalla. Detrás hai anos de esforzo, disciplina, sacrificio e moitas horas de traballo. Para Lugo é un orgullo que o seu primeiro deportista olímpico sexa Ramos Misioné e poder recoñecer, 50 anos despois, aquela fazaña que compartiu cos seus compañeiros. Queremos que as novas xeracións coñezan a súa historia e o exemplo de perseveranza que representa”.

Documento

  • Escaleta | Descargar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-homenaxeara-este-sabado-ramos-misione-primeiro-deportista-lucense-en

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/escaleta_misione.pdf