Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo homenaxea a Alexandre Bóveda 90 anos despois do seu asasinato

O Concello de Lugo homenaxea a Alexandre Bóveda 90 anos despois do seu asasinato

O acto, celebrado no Vello Cárcere, reivindicou a súa figura, o seu compromiso con Galicia e coa defensa das liberdades

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural
Luns, 17 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo homenaxea a Alexandre Bóveda 90 anos despois do seu asasinato

Lugo, 17 de agosto de 2026. O Concello de Lugo celebrou un ano máis a homenaxe a Alexandre Bóveda, coincidindo co aniversario do seu asasinato, nun acto desenvolvido no Vello Cárcere.

A homenaxe serviu para lembrar a figura de Bóveda, o seu compromiso con Galicia e coa defensa das liberdades, así como para manter viva a memoria de todas as persoas que sufriron a represión pola defensa das súas ideas democráticas.

O Concello quixo estender tamén esta lembranza a todas as persoas que padeceron a represión durante a ditadura, reivindicando a importancia de preservar a memoria e de transmitir ás novas xeracións o valor da defensa da liberdade e da democracia.

Noventa anos despois, Lugo segue lembrando a Alexandre Bóveda e mantendo viva a súa memoria.
O Concello agradeceu a presenza de todas as persoas que participaron e acompañaron esta homenaxe.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-homenaxea-alexandre-boveda-90-anos-despois-do-seu-asasinato