Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo garda un minuto de silenzo en recorda das vítimas do accidente aéreo en Francia

O Concello de Lugo garda un minuto de silenzo en recorda das vítimas do accidente aéreo en Francia

López Orozco enviou o pésame ás familias en nome da cidade de Lugo e da Corporación municipal

  • Tema
    • Alcaldía
Mércores, 25 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo garda un minuto de silenzo en recorda das vítimas do accidente aéreo en Francia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, encabezou o acto no que se gardou un minuto de silencio en recordo ás vitimas do accidente aéreo ocurrido en Francia e que cubria a linea Barcelona-Düsseldorf.

López Orozco enviou o seu pésame aos afectados sinalando que con este acto “queremos expresar a condolencia do Goberno Municipal e do conxunto da Corporación polo triste accidente de onte e expresar a nosa condolencia as familias”.

Ademais tamén solicitou “sempre que sexa posible” o rápido esclarecemento das causas para saber cales foron os motivos do accidente. No acto tamén estiveron membros do tres grupos políticos, membros dos sindicatos municipais e traballadores. O Concello terá as bandeiras a media asta durante os tres de loito oficial.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-garda-un-minuto-de-silenzo-en-recorda-das-vitimas-do-accidente-aereo-en