O Concello de Lugo estudará as suxestións dos veciños e veciñas para o investimento do fondo estatal
O Concello de Lugo está a preparar as obras ás que destinará os 16 millóns do fondo estatal para levar a cabo os proxectos municipais. Neste proceso quere dar cabida ás opinións e aportacións por parte da cidadanía lucense.
Trátase de permitir á cidadanía decidir en que investir parte dos 16.610.880 euros aportados polo o Estado. Por iso abrirase un buzón de suxestións no portal web do Concello, www.lugo.es [1], para que os lucenses poidan realizar as súas aportacións de ideas de maneira individual.
Neste proxecto pódese suxerir todo o que os cidadáns e asociacións consideren necesario para a cidade. Unha vez recibidas todas as propostas, estudarase a súa viabilidade e valoraranse en función de prioridades como o seu interés xeral, a súa urxencia, o apoio cidadán, etcétera.
O prazo para realizar as suxestións estará aberto ata o día 15 de decembro. Dende a Concello de Lugo pídese prudencia nas suxestións xa que os recursos económicos son limitados.
