Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo emite en directo os Plenos a través da súa páxina web www.lugo.es

O Concello de Lugo emite en directo os Plenos a través da súa páxina web www.lugo.es

Martes, 02 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo emitirá dende o 1 de setembro todos os seus Plenos en directo a través do portal web municipal: www.lugo.es [1]. Trátase dunha novidade que incorpora o recén estreado portal municipal que pretende ser unha de comunicación directa coa cidadanía.

Esta mellora de lugo.es, foi anunciada hai uns días pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e permitirá a todas as persoas que o desexen, ver o transcurso dos Plenos municipais mentres se están a desenvolver. Deste xeito, o equipo de goberno aposta pola transparencia na súa xestión e pola máxima difusión do traballo realizado polos xestores públicos elexidos democraticamente pola cidadanía.

Para poñer en marcha este proxecto foi necesario modernizar todo o sistema da web municipal que pasou a ser un portal, e ademais de incorporar cámaras de video no Salón de Plenos.

Ata o de agora os Plenos podían verse grabados, porque garantindo a transparencia e información continua, o Goberno local xa decidira colgar cada Pleno en internet ao día seguinte da celebración.

O Concello de Lugo é pioneiro en Galicia na incorporación deste novo instrumento de comunicación global dirixido a todas as persoas que decidan conectarse a internet cada primeiro luns de mes a partir das 17:00 horas. Ese día habilitarase un botón na portada para acceder ás imaxes emitidas en directo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-emite-en-directo-os-plenos-traves-da-sua-paxina-web-wwwlugoes

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/