Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo e o Boxing Club Cidade de Lugo organizan unha xornada de boxeo

O Concello de Lugo e o Boxing Club Cidade de Lugo organizan unha xornada de boxeo

  • Tema
    • Deportes
Venres, 30 de xaneiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá, sábado 31 de xaneiro, terá lugar unha xornada de boxeo organizada polo Concello de Lugo e o Boxing Club Cidade de Lugo a partir das 10:30 horas no polideportivo do Palomar.

A competición consistirá en cinco combates de Full Contact e Kick Boxing de recheo e dous fixos de Boxeo Olímpico Amateur nos que participarán, entre outros, os boxeadores lucenses Alberto Piñeiro “Piña”, actual campión de España, e a xoven promesa Iván “Fiera” Martínez.

O obxectivo desta xornada é conseguir un mellor nivel competitivo entre os rapaces que practican boxeo na Escola Municipal de Boxeo e así acadar máis experiencia co fin de obter, aínda, mellores resultados nos vindeiros campionatos galegos e de España nas categorías Junior, Cadete e Senior.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-e-o-boxing-club-cidade-de-lugo-organizan-unha-xornada-de-boxeo-1